Posteado por: MSR Galicia | 09/06/2014

O monte non é un negocio

Imagen

MSR-Galicia/ Denuciabao o sector forestal galego a primeiros de Abril e cónstanos que non se tomaron medidas. Á Xunta non lle importan os nosos montes se non é para outra couse que gañar diñeiro.

O triste é que, como xa temos denunciado, non se toman medidas para previr nin actuar con eficacia contra os posibles incendios. Tanto é así que o único que pode salva-los nosos montes este ano é o tempo; chuvias e pouco sol.

En anteriores artigos denunciabamo-la privatización dos GES e GRUMIR, a fraude e o negocio que supuxo todo isto e o abandono dos que aínda seguen en mans públicas. No GES de Curtis, sen ir máis lonxe, a quilometraxe dos vehículos nas intervencións é 1/6 máis caro que noutros parques da zona mentres que os traballadores cobran un 20% menos  que os da empresa privada Veicar.

En Cercedo non existe un GES gracias ó novo mapa de emerxencias feito polo goberno de Feijoo, o “gracioso” é que foi o PP nese concello que pediu a creación dun por estar lonxe do radio de acción do que hai agora para todolos concellos da zona.

Se a isto engadímoslle que nin a formación é a axeitada nin se cubriron tódalas vacantes, polo que hai dotacións que deben ter un mínimo de 5-8 membros, reducidas a 1 ou 2, con todo o que iso supón tanto para os montes como para a seguridade deses poucos membros.

Coma sempre, os únicos beneficiarios son grandes empresas, neste caso, as de helicópteros e servicios de aero-transporte mentre que os que perden somos os de sempre, o Pobo e a Terra.

Por iso, dende o MSR-Galicia voltamos a demanda-lo mesmo:

  • A centralización e unificación do servicio de emerxencias, eliminando duplicidades de calquer tipo.
  • Unha maior inversión que evite desastres humanos e naturais.
  • A contratación indefinida de personal debidamente cualificado e remunerado.
  • O carácter público destes servicios, evitando todo tipo de concesionarias e subcontratas.
  • A realización dun estudio, a pé de campo, para a elaboración realista dunha rede de emerxencias que non responda a estatísdicas e sí a necesidades humanas.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías