Posteado por: MSR Galicia | 08/03/2014

¡A loita está nas rúas!

MSR-Galicia/ Como a única revolución posible é aquela que estea feita por todo o Pobo, un dos piares dun Movemento Social coma o noso é lembrarlle a todo o Pobo que ten que espertar, que sen loita non haberá cambio.

Imagen

Por iso queremos que as paredes de toda Galicia «berren» ata que o Pobo esperte. Velaí a nosa teima de lembrarvos a todos que ¡queremos dignidade, e non caridade!, ¡menos políticos e máis traballo!.

Imagen

Imagen

¡Xa abonda de tomárnolo pelo e roubarnos o que é noso! Por iso, dende o MSR-Galicia, entendemos que a casta política debe desaparecer. O Pobo non precisa de intermediarios, o Pobo debe ter un goberno de seu e non uns parasitos profesionais que cobran por non facer nada ou facelo mal.

Por iso, porque sen nós non son nada, ¡loitemos por un goberno e unhas políticas sociais feitas polo Pobo e para o Pobo!


Deja un comentario

Categorías