Posteado por: MSR Galicia | 22/09/2013

Os asteleiros da ría ferrolá en situación extrema

1364668096_376140_1364668884_noticia_normal

MSR-Galicia/  Tres meses e chega ó abismo. Nunca antes os estaleiros da ría ferrolá chegaran a esta situación extrema, coas dúas plantas aburadas pola falta de traballo e sen perspectivas de que, a curto prazo, vaia resolverse esta situación. A antiga Astano está sen ocupación e na vella Bazán os operarios afánanse por acabar o único barco en carteira, o Adelaide, que deixará Navantia o próximo decembro. O goteo de despedimentos comezou fai xa máis de dous anos e hai decenas de traballadores que xa esgotaron as súas prestacións. A crise máis dura do sector levou por diante empresas de referencia na comarca como: Talleres Cachaza, Elecnaval e Tecnymo, obrigou a facer a maleta levándose os seus coñecementos e experiencia a operarios cualificados e afundiu á comarca nunha recesión que disparou as listas do desemprego, pechando comercios e expulsado do mercado laboral a miles de persoas.

O crac xa está aquí. Os protagonistas da crise do naval móvense entre a decepción polas promesas incumpridas e a esperanza de que cheguen novas obras para que o motor da economía de Ferrolterra poida pórse de novo a andar.

Tras dous anos de mobilizacións non se conseguiu nova carga de traballo. E os traballadores ven como se lles segue mentindo.

As empresas da comarca están a caer todas. Pendentes de todas as noticias sobre o flotel que non acaba de arrincar e sobre o posible encargo dos buques gaseiros para Repsol e Gas Natural.

Hai traballadores que levan tres anos non paro. Hai xente que marchou para Suíza, outros para Portugal, e para paradas de centrais en Tarragona, aquí non hai nada. Aínda que se logren obras para o sector, restará polo menos un ano para que xeren ocupación para moitos operarios, e mentras tanto aquí na comarca afundimos.

O naval non ten futuro sen compromiso político co sector. A pesar de haber mercado, nin España nin Europa apostan por esta industria e deixan que continúe a fuga de persoal cualificado.

O austericidio dos gobernos comunitarios provoca un drástico recorte dos orzamentos de Defensa e co a tesoirada aos encargos.

Ferrol teno especialmente máis complicado. A dependencia do naval para a comarca é absoluta. Hai moita empresa especializada, pero se o astro rei que é Navantia deixa de brillar, as empresas satélites morrerán ou terán que emigrar a outra galaxia se poden. E cando todo mude, que mudará, cústase moito retomar a actividade. Terase perdido o maior dos valores, o humano.

No interior do estaleiro estanse a ver uns 15 despedimentos cada semana.

Anuncios

Responses

  1. Cómo podo conseguir unha papeleta vosa? No meu colexio electoral nunca atopo ningunha e nunca puiden votarvos! Deberiades deixar iso claro na vosa páxina principal, tomade conciencia de que sodes un partido minoritario! Pero ánimo que sodes o grupo patriota máis votado de GZ. Saúdos. PATRIA E SOCIALISMO REVOLUCIONARIO!


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías