Posteado por: MSR Galicia | 12/09/2013

Caciquismo ourensán

10712

MSR-Galicia/ ¿Cómo pode gobernar durante anos un cacique coma Baltar de maneira tan clara?. A resposta é sinxela: a través do clientelarismo, ou o que é o mesmo, creando, empregando e extendendo unha serie de redes clientelares, de “amiguiños” e xente que lle deba o que sexa: dende a tramitación dunha licencia ata un posto de traballo.

De feito, este é un dos recursos que máis empregou para sosterse tantos anos no poder, de maneira que “todos contentos”: uns danlle-los votos para que Baltar goberne e este conséguelle-los traballos. Isto na teoría, pois tras este razoamento simplista agóchanse varias trampas: coma que non todo-los votantes terán un traballo e os mellores estarán sempre en máns de amigos e familia.

1342801036_092610_1342807812_noticia_grande

Así foi como, chegado un punto, o sistema caciquil ourensán sobrecargouse de “enchufados” ata que todos os concellos e organismos da deputación controlados polos “baltaristas” fixeron augas. E é que o sistema, ao necesitar retroalimentarse, seguiu empregando máis xente da que podía manter e, nos casos dos empregos con maior responsabilidade tivo que botarse man de asesores e xente realmente cualificada para levar a cabo as labores dos enchufados.

As arcas municipais, xa ó límite, remataron por estourar coa chegada da crise, comezando polo concello de Xinzo no que o 59% do presuposto municipal adicábase exclusivamente a pagar os soldos dos enchufados. E lembremos que estamos a falar dun municipio duns 10.000 habitantes.

O caso de San Cibrao é aínda peor pois, nun municipio de 4.500 habitantes e sendo sede de tres parques empresariaismáis da metade do presuposto (catro millóns de euros)  vaise só en pagar a persoal municipal que trátase de ¡39 traballadores! cinco funcionarios, 20 laborales fixos e 14 eventuais.

Outro tanto ocorre con Verín (14.000 habitantes) , onde de 8,7 millons de euros de presuposto, 3,5 adícanse como gasto en persoal: 36 funcionarios, 62 laborais fixos e 34 temporais. E iso que o alcalde de Verín é un dos afíns a Feijoo tras anos de servizo a Baltar. Sen embargo, emprega os mesmos métodos que o cacique para manter o goberno do PP nese concello. Métodos que fixeron que Verín teña xa unha débeda de millóns de euros.

Isto levou a moitos concellos, gobernados polo PP ou gañados por outras formacións, a ter que facer ERES, con todo o que isto supón. E por se isto non fose dabondo, déronse casos de alcaldes baltaristas que, mentres, cobraban soldos de 45.000 euros só con dedicación parcial. Pero unha das sorpresas ó facer estes ERES foi o gran número de casos de “cesión de traballo” que se atoparon.

¿Alguén foi ó cárcere? ¿alguén pagou por afundir unha provincia, por roubarlle aos traballadores, por cofeito, por dilapidar diñeiro de todos? ¡NON! E teñámolo claro, non van ir ó cárcere nin pagar por endebedar concellos enteiros mentres non saiamos á rúa, mentres non tomemos iniciativas legais e populares contra eles.

Esquecédevos da xustiza, xa sabemos que hai unha para ricos e outra para os demais así que, ou defendámonos ou seguirán a rir de nós.

Por iso, dende o MSR-Galicia, facemos un chamamento a que colaboredes con nós para levar a cabo distintas accións ou pola vosa conta pero, sexa o que sexa, actuedes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías