Posteado por: MSR Galicia | 14/06/2013

Ferrolterra en loita

992852_10152041554003228_2060464661_n

MSR-Galicia/ Igual que nos anos 80, a comarca enteira de Ferrol está a movilizarse contra o desmantelamento e abandono do naval, industria básica para o futuro da zona.

De feito, nas derradeiras semanas, o seguimento e apoio ás folgas foi total: rúas baleiras, tódolos comercios pechados, movilizacións e protestas de milleiros de persoas… unha comarca enteira solidarizada e en loita pola súa supervivencia. E é que as cousas non están para menos pois falamos dunhas tasas de paro que rondan o 45% na cidade e un 32% na comarca.

Pero máis alá de números hai familias, centos delas, milleiros de persoas que, ano tras ano víronse obligadas a abandonar a comarca (12.000 veciños menos en 15 anos) e os que non, a agardar por mentiras e falsas promesas de nova carga de traballo, “emprego en 45 días” , etc.

Pasadas as eleccións e gañadas polo PP: no país, na comunidade e na comarca, a cousa foi, se cabe, a peor. E mentres milleiros son os que piden explicacións, dende o goberno central (Montoro á cabeza) fálase de que a culpa é de Europa e os seus vetos e que as contratas australiana e arxelina chegarán nuns meses.

Dende a Xunta a cousa é semellante, réplicas sibilinas e moi parecidas as de Montoro, co tema dos supostos buques de “PEMEX” que tampouco chegan. Mentres, o PP de Ferrol fai oidos xordos coma se crese que eses concratos pantasma han chegar.

O certo é que, todos eles falan de recuperación dos asteleiros públicos mentres a verdade é que se perderon 1.900 postos directos nos asteleiros e 21.000 na comarca. Iso por non falar da perda de seis contratos e das “fantasías” do dique flotante.

Ademais, aínda de ser certo que vai chegar carga de traballo ¿qué farán mentres todas esas familias? ¿vivirán do aire ou manteranas o PP, Montoro e demais?.

Por iso, dende o MSR-Galicia cremos que o resto de Galicia debe tomar nota e exemplo dos ferroláns. Apoialos e unirse ás protestas.

¡“Nos seguiremos estando aquí, porque queremos traballar, chorar e rir na nosa terra”!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías