Posteado por: MSR Galicia | 17/05/2013

150 anos de Rexurdimento

letras_galegas

O día 24 de Febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela unha nena que chegaría a converterse nun mito para Galicia: Rosalía de Castro. Pois, a publicación de “Cantares gallegos” marcou o inicio da dignificación e rexurdimento da lingua galega e a súa literatura. É dicir, o renacemento cultural do galego.

É por iso que este Día das Letras Galegas ten unha importancia particular ao tratarse do 150 aniversario da data de publicación da dita obra. Así, outro 17 de Maio de 1863, publicábase na Habana o primeiro exemplar de la obra “Cantares Gallegos”.

É salientable que se tivera que publicar fóra de España e que, daquela, coma hoxe, moitos galegos tivesen que andar na procupra dunha vida digna (cando non morrer de fame directamente) pola vía da emigración. Como tamén o é que naquela Galicia, naquela España, houbera a mesma monarquía e os mesmos corruptos no poder.

E qué dicir da ignorancia e xacobinismo duns que seguen a crer que o galego “é de paletos” ou que non debe ter a oficialidade na súa propia terra… ¡Ata niso foi unha aventallada pioneira Rosalía! o darse de conta que aqueles que atacan e marxinan o galego fano cunha lingua española e, ó contrario do que cren, non fan máis que alimentar ao separatismo.

É por isto polo que, dende o MSR-Galicia, escollemos “roubarlle” o protagonismo ó dramaturgo Roberto Vidal Bolaño que é a quen lle corresponde a homenaxe este ano. E polo mesmo que facemos un chamamento a todos aqueles que menosprezan ou ridiculizan a nosa (e súa tamén mal que lles pese) lingua e costumes, xa que o galego é cousa de todos.

¡Feliz día das letras galegas!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías