Posteado por: MSR Galicia | 05/02/2013

Por un ensino público e de calidade

¡Defendamos la educación pública!

MSR-Galicia/ O ensino estase a converter nun privilexio reservado só os que teñen máis recursos a todolos niveis. De feito, a suba das taxas universitarias, os custes dos comedores, os prezos dos libros, etc, fan moi difícil que a xente poida optar a un ensino público e de calidade.

Isto, engadido á mercantilización do ensino superior, está a converter o modelo educativo español nun moi semellante o dos Estados Unidos, no que só as elites, os ricos, poden optar o ensino universitario pois esas mesmas elites son as que logo dirixirán a vida económica e política do país.

Aquí trátase de facer algo semellante, pechar o círculo só para un determinado grupo social, ademais de rematar de converter as universidades en entes privatizados o servizo das empresas e os bancos.

É certo que está ben a colaboración entre determinados sectores, o que non é normal é que institucións de ensino “público”, sexan dependentes de subvencións e convenios cas empresas e a banca. Que estes empreguen os campus como terreo de inversión e de onde sacar man de obra barata.

E é que, estas empresas non buscan calidade para todos, uns bós servicios nin igualdade de oportunidades senón rentabilizar as súas inversións. Ou o que é o mesmo, gastar o menos posible e quedar con todolos beneficios.

Algo semellante está a ocorrer cos ciclos formativos, que son as “canteiras” perfectas para explotar a rapaces baixo as denominadas “prácticas de empresa”. Prácticas que non son nunca remuneradas pois aplícase a lóxica de que, o ser estudantes fano para obter certa experiencia laboral que, doutra maneira non poderían, engadindo que, se o fan ben, poida que os cheguen a empregar nun futuro.

Neste caso aplicaron a lóxica universitaria segundo a cal un pode facer prácticas para obter créditos e non ter que cursar determinadas asignaturas, sen embargo, os universitarios, aínda sendo estudantes, canxean o seu traballo por uns créditos que, doutra maneira terían que pagar en forma de asignaturas e, a maiores, obteñen experiencia laboral. Sen embargo, nos ciclos medios, o empresario é quen gaña, xa que os estudantes actúan como traballadores. Teñen as mesmas obrigas que os demais pero non obteñen nada. ¿Experiencia laboral? Sí, pero iso non vai supoñer un emprego nin vai facilitar a obtención dun. Mentres, o empresario aforrará soldos de traballadores.

O ensino público básico, pola contra, está a ser abandonado a todolos niveis xa que, as instalacións escolares, en non poucos casos, atópanse en malas condicións por “falta de presupostos”, ata o punto de non ter calefacción, goteiras, desconchóns, etc.

Isto afectou tamén no plano docente, o facer que moitos mestres traballen máis do que é a súa obriga, a cada vez máis nenos e con menos recursos, ou tarefas que non lles corresponden.

Un abandono total que fixo que en moitos lugares, os propios mestres e pais tivesen que por os seus propios cartos para facerse cargo das necesidades básicas das escolas.

Por se isto non fose pouco, en Galicia hai que engadir o tema da lingua pois para algúns, a nova reforma educativa, porá en perigo o galego por determinados puntos que se recollen no borrador da nova reforma educativa, a saber:

“El castellano será asignatura troncal junto a la literatura en este idioma, mientras que las lenguas cooficiales pasan a ser asignatura de especialidad, que deberán cursar obligatoriamente los alumnos en las comunidades donde se hablen.”

“En las regiones que posean otra lengua oficial junto al castellano, de acuerdo con sus estatutos, las administraciones educativas deberán garantizar en todas las etapas educativas obligatorias que esas lenguas cooficiales sean ofrecidas en las distintas asignaturas, en proporciones equilibradas en el número de horas lectivas.”

“Serán esas administraciones educativas las encargadas de determinar la proporción que proceda en el uso del castellano y la lengua cooficial como lenguas vehiculares, en atención al estado de normalización lingüística.”

Tamén habería que falar do que vai supoñer a supresión do dereito á folga, a introducción de tres reválidas, ou os concertos de carácter público con centros que segregan por sexos.

É dicir, “unha máis” que, no fondo, é coma todas as demais reformas ou leis educativas, só busca contentar a un sector da poboación e impor a súa visión e non o que debería facer, facer do ensino un dereito e un deber, público e de calidade.

Por iso, dende o MSR-Galicia, animamosvos a que secundesdes as protestas de pais, mestres e alumnos dos próximos dias 5, 6 e 7 de Febreiro.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías