Posteado por: MSR Galicia | 18/01/2013

A terra sen fillos

escultura-emigrante-puerto-vigo

MSR-Galicia/ Unha terra sen fillos é unha terra sen sangue, sen brazos que a traballe. Unha terra condenada a desaparecer.
Este é o futuro de Galicia se as cousas seguen como ata agora xa que, arredor de 70 mozos galegos, abandonan Galicia cada día na busca dun emprego.

Isto supuxo que nos derradeiros catro anos arredor de 77.000 persoas de entre 15 e 35 anos abandonasen a nosa comunidade. Un incremento da tendencia no 2012 fronte o 2011, que supuxo 2.100 ó mes e case uns 25.500 no total do último ano.

As causas deste éxodo xuvenil son a falta de emprego e a destrucción do xa existente pois, dos 166.800 postos de traballo destruidos nos últimos catro anos, 149.100 afectaron a mozos menores de 35 años, dos cales, a metade, decidiu ou viuse obrigado a facer as maletas e buscarse o futuro fóra de Galicia.

Ante esta alarmante perda dun sector clave da poboación de cara ó futuro, fixéronse concentracións en toda Galicia o Mércores pasado onde acusábase ó PPdeG de non facer nada e mentir sobre a situación.As acusacións non viron só da CIG senón de moitos rapaces que, por se isto non fose xa grave, estouparon ante as declaracións de María del Corral (PP), quen dixo “Los jóvenes se van del país por su espíritu aventurero”, quitándolle importancia os efectos da crise.                                                                                                                                               A resposta nas redes foi masiva.

E é que para o PPdeG o feito de que Galicia volva padece-la emigración supón un balón de aire xa que, desta maneira, poden maquillar as cifras de emprego e aproveita-la situación de maneira que se firmen convenios cos países de recepción para que o esforzo e as ideas da xuventude galega poidan ser aproveitadas por empresas e países estranxeiros.

Velaí o interese do PPdeG nos últimos tempos na procura de pactos económicos no exterior. En países de tradición emigrante galega “curiosamente”.

¿Qué supón isto? en termos económicos e materiais: a perda de man de obra, investigadores, intelectuais, de poboación, natalidade,… En termos humanos non se pode calcular pois a traxedia de ter que deixar o fogar e a familia é algo que non poden describir as cifras.

É triste que teñamos que denunciar isto de novo pero aínda o é máis que os propios galegos non fagan nada por cambiar o que xa se supuña era parte da historia. Que os políticos galegos sexan os que gañen mentres o Pobo e a Terra, coma sempre, perdan.

Por isto, dende o MSR-Galicia facemos un chamamento a todos os galegos e galegas, en especial os máis xóves, para que tomen as rúas e non só as redes. Do contrario estaremos condenando o futuro de Galicia de maneira definitiva e todos seremos culpables.

Por isto mesmo esiximos:
-O cese de María del Corral.
-O replantexamento das políticas sociais e económicas para que estas revirtan no pobo, na mocidade, e non nas elites.

¡Que emigren eles!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías