Posteado por: MSR Galicia | 28/12/2012

Banca culpable, políticos cómplices

1342882307593

MSR-Galicia/ “Estamos moi queimados. Para min esto non ten máis que un nome e chámase roubar. Roubar os aforros conseguidos co teu traballo, que costa moito chegar a eles”.

Así falaba unha das afectadas polas preferetes e engadía: “que non se extrañen que cando saian as “quitas” haxa máis que manifestacións…”. Cousa que se cumpriu onte no hemiciclo do parlamento autonómico, cando varios destes afectados estouparon tras oiren as declaracións duns e doutros que non facían máis que botarse as culpas e “escorrían o bulto” ¡remontándose ata Fraga! e a leis e competencias de vai case dez anos ou ó propio Estado.

A reacción é do máis normal e, como ben avisa a declaración dunha das afectadas, a cousa irá a máis. De feito ocorreu xa un episodio violento vai uns días cando un home agrediu a un empregado cun coitelo.

E é que son eles, os políticos e os seus amigos os banqueiros, quen están a levar á miseria ó pobo. Son eles quen estan a desesperar e a continuar coa crispación social e cando sexa demasiado tarde será cando boten as máns á cabeza.
Por iso, onte, no parlamento galego e, en xeral, a frase do día foi “isto tiña que acabar pasando”.

Non é que o digamos nós ou que xa o advertíramos vai tempo senón que son os propios afectados:

  • “Deben devolverlle ata o último céntimo ás persoas, porque as engañaron, e si digo esto e porque miro para o meu espello e vexo aos demáis. Pode que haxa un 5 ou un 10% de empregados de banca ou con carreira de económicas que sabían o que facían, pero o resto, non. Moita da xente é o diñeiro que ten”.
  • “Non me queda máis remedio que esperar aunque me consta que o arbitraxe está paralizado a día de hoxe”.
  •  “Teño 40 anos e eran os cartos (15.000 euros) que tiña aforrados para estudar a miña filla. Ten seis anos e me gustaría que poidera estudar”.
  •  “Non estou pola labor e o resto tampouco. É o noso sudor e que veñan estes desgraciados…E porque lles da a gana a eles. Non somos inversores, somos aforradores e confiamos na caixa e nos vendeu eso”.
  •  “Pedimos a documentación duas veces dende Xuño, pero dícennos que coa reestructuración das oficinas non a dan encontrado. Eran unhos cartos que tiñamos e o anterior director díxonos que como viñan de outros bancos , si os tiñamos tres anos os pagarían a un 7% ou máis, pero despois dos tres anos podiamos sacalos…”.
  • “A situación é fodidísima, así de claro. Ata agora foi todo moi bonito, fixéronse cantidade de propostas durante a campaña electoral”.
  •  “O que máis sinto e que o fixo xente na que confiabas. Chamaron incluso a veciños ás súas casas para ofrecérllelas. Ahora dicen que non contaban con esta crisis. Pero eu pregúntolles ¿Pero informastes á xente do que había?”.
  • “Que busquen onde sexa, pero non imos perder un peso”. “Se ten que haber sangue, haberá sangue”, como se “ten que baixar o río Miño cheo de sangue”.
  •  “Quero os meus cartos, nada máis”, xa que “o único que fixen foi aforralos”. As protestas continuarán e farano “caia quen caia, porque non nos van amedrentar”.

Pero, se cadra, unha das frases máis impactantes foi a dita vai unsdías por un dos afectados que estoupou no parlamento: “Vai correr o sangue”, “un director xa foi apuñalado”, advertía entre bágoas.

Porque esta xente ve que, ainda que lles fagan acougar con palmadiñas e promesas ,como así facía a oposición no parlamento cas seis persoas que foron manifestarse, ou como o que fixo o PP-deG, na campaña electoral das autonómicas.

Poderásenos acusar de querer “malmeter” pero e que é certo. A oposición promete nas rúas, ás diferentes asociacións de preferentes e os afectados en xeral, que a súa voz será escoitada e representada se os votaban ou se seguen o seu carón. Pero ¿de qué lles vale isto os que perderon o seu diñeiro? A xente quere e necesita ¡feitos!, non máis palabras ou promesas.

A xente quere o que é seu, o que gañou co seu suor. E nin goberno nin oposición farán nada mentres teñan intereses coa banca, as súas contas nestes bancos ou teñan algun tipo de débeda con esta.

¿Ou é que PsdeG, BNG, EU, non souberon no seu día do tema das preferentes? ¿Cómo é que non se denunciou isto antes e agora, pola contra, a oposición “defende os intereses do pobo”?. E o mesmo ocorre co PPdeG que semella non saber facer outra cousa que agocharse ou botar balóns para fóra cando se lle piden explicacións.¿Qué fixeron uns ou outros ata agora? Só falar e tentar calmar os ánimos.

Isto vese claramente no tema das arbitraxes xa que, por moito que se tente vender coma solución, foi só un parche que nin funcionou o cento por cento nin responde a criterios “abertos”. É dicir, non se sabe qué criterios estanse a seguir á hora de pagar a uns e a outros non.

E non é algo que inventemos nós senón que dende as plataformas as cifras difiren completamente deses tan cacarexados 23 árbitros e os miles de casos solucionados xa que, segundo os colectivos de afectados polas preferentes de O Rosal e Compostela insisten en que “son cuatro los árbitros que se encargan de celebrar los laudos en todo el día, dos por la mañana y dos por la tarde”, asegura Argimiro Martínez. “Los laudos son unos 66 cada día”. Nada que ver ca cifra ofrecida polo conselleiro. “Que no nos engañen, que no digan que hay 23 árbitros porque no es verdad”, apunta Martínez. “La gente está muy quemada, hablamos mucho entre nosotros y sabemos cómo se está llamando a la gente”.

E non fai falla que falemos das “indemnizacións”, “prexubilacións” e demais manganchadas multimillonarias que se permitiron para maior frustración dos afectados e do poboen xeral.

É por isto que a resposta cidadá e directa é a única poida ter maior efectividade. Pois ninguén máis vai loitar polos afectados. A ninguén lle interesa devolverlles realmente o que é seu xa que, no fondo, todos deben algo á banca.

Por iso, dende o MSR-Galicia esiximos:
• O encarceramento inmediato de tódolos responsables, incluíndo os políticos e a incautación dos seus bens como medida preventiva.
• A devolta inmediata e íntegra do roubado aos aforradores sen ningún tipo de “quita”.
• Medidas políticas que impidan que esta ou situacións similares poidan respetirse.

Porque a banca debe estar ó servicio do pobo e non ó revés.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías