Posteado por: MSR Galicia | 26/09/2012

Políticos cómplices

MSR-Galicia/ Os afectados polas preferentes de NovaGalicia Banco están fartos. Fartos de boas palabras, de solucións que nunca chegan pero, máis ca ninguna outra cousa, fartos da casta política galega da que non se salva ninguén, e non porque o digamos nós, senón porque falan os feitos.

Por iso, este colectivo da zona Vigo-Val Miñor, xa non se limita a protestar diante das sedes do PPdeG como fixeron a derradeira semana, senon tamén nas do PSdeG como ocorreu onte, día 24 na rúa Urzaiz de Vigo ou das do BNG.

De feito, para este vindeiro Xoves, convocouse unha concentración na sede do BNG, na rúa Celso Emilio Ferreiro de 10:00 a 12:00 da mañá tamén na cidade olívica, tras a cal haberá outra marcha reivindicativa polas rúas viguesas.

O bó de este paso é que, por una banda, alónxase de toda influencia partidista mentres que por outra, axuda a que a xente remate de abrir os ollos fronte as actuacións dos partidos políticos. Algo mio en sintonía co que publicábamos vai uns días sobre as supostas diferencias entre uns e outros.

Sen embargo as protestas de voceiros e simpatizantes do BNG e do PSdeG non tardaron e tornáronse en acusacións de partidismo por parte desta prataforma cidadá. O curioso e que estas protestas chegan só agora que a prataforma carga contra todos e non cando faciao só contra o PPdeG.

Antes estas acusacións, a Voceira da prataforma de Vigo-Val Miñor, Ana Rodríguez lembrou que: “nadie está libre de pecado en este asunto”. E engadiu que “socialistas y nacionalistas se comprometieron en el anterior pleno municipal a implicarse en la búsqueda de una solución al problema de las preferentes”, e incidiu en que  “el tiempo apremia,  de ahí que ningún partido se salve de las protestas”.

Por iso, e porque é o deber de todo cidadán apoiar os seus vecinos e compatriotas, animámosvos a que, do modo en que poidades, participedes pois “os de enrriba” son todos iguais, teñen os mesmos intereses e: entre empresas, bancos e cidadáns, xamais escollerán a estes últimos. Para eles só hai una cor, a do diñeiro e o pobo só é una ferramenta para gañalo da maneira máis sinxela.

Os políticos xa amosaron dabondo quen son os seus amigos, quen lles financia e a quen pensan defender.  Agora só fai falla que o saibades vós pois nós temos claro que o noso sitio como movemento social e como cidadáns é a carón do pobo.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías