Posteado por: MSR Galicia | 13/08/2012

Os desempregados soportan un de cada catro euros do axuste

MSR-Galicia/¿Qué saída lles está deixando a clase política aos desempregados? Cando primeiro recortan as políticas de empregabilidade, no caso de Galicia ata nun de cada dous euros -de 420 a 218 millóns de euros-, e agora reducen ou eliminan as súas prestacións.

 Parcialización do subsidio.

O subsidio de 426 euros soamente se poder percibir cando non se obtén rendas superiores ao 75% do salario mínimo, 481 euros. É unha renda de subsistencia que, polo tanto, non pode ser parcializada, pois non existe a subsistencia parcial.

Sen embargo o recorte do Goberno do Partido Popular recolle que o desempregado por perda dun traballo a tempo parcial percibirá un subsidio proporcional ás horas traballadas cando:

a.- Esgota unha prestación por desemprego e se ten responsabilidades familiares os ingresos por membro da familia son inferiores ao 75% do salario mínimo.

b.- Esgota unha prestación por desemprego e ten máis de 45 anos.

c.- Ten cotizado menos tempo do requerido para a prestación contributiva e máis de tres meses.

d.- Ten máis de 55 anos e reúne todos os requisitos para acceder a unha pensión de xubilación, agás a idade.

Estes subsidios supoñen ao redor do 97% da totalidade. En Galicia, no que vai de ano, dos 279.837 contratos que se rexistraron, 94.324 foron a tempo parcial, dos que 89.656 son temporais.

Traspoñendo esta parcialidade aos subsidios, dos 12.625 que se aproban cada mes en Galicia, 4.262 serán parcializados. Sendo as mulleres as máis afectadas: o 45,3% dos contratos rexistrados con mulleres son a tempo parcial.

Coa medida un persoa que poda acceder a un subsidio a tempo completo por ter máis de 55 anos que traballe a media xornada uns días verá reducido o seu subsidio á metade durante anos.

Mayores de 45 anos

Dende xuño do 2009, o paro rexitrado aumentou en 68.963 desempregados, un 34,4%. O grupo de idade no que máis incrementou foi no grupo de persoas entre 45 e 54 anos, onde aumentou nun 47,9%. Actualmente hai 61.138 desempregados entre 45 e 54 anos.

O que non evita que o Partido Popular:

1.- Elimine o subsidio especial para maiores de 45 anos.  

2.- Aumente dos 52 aos 52 anos a idade para acceder ao subsidio previo á xubiliación. Que require ter cotizado 15 anos á xubilación e 6 ao desemprego.

3.- Impida a súa solicitude se no momento de cumplir os 55 anos non se está percibindo unha prestación ou xerando o dereito a un novo subsidio por ter menos de 12 meses cotizados.

Un desempregado que esgotara a súa prestación cunha idade entre os 52 e 55 anos, se ten cargas familiares pode percibir un subsidio de 6 meses. Mais despois non poderá solicitar o de mayor de 55 anos ata que non traballe seis ou máis meses.

4.- A reducción da contía da cotización á xubilación  do 125% da base mínima ao 100%.

5.- Limite a súa duración ata a idade na que poida acceder a calquera pensión contributiva de xubilación, en clara referencia á anticipada que neste momento está nos 61 anos.

Cada ano de anticipación supón unha disminución da pensión entre o 6% e o 7,5% segundo o período cotizado.

Renda activa de inserción

A renda activa de inserción a podía recibir que non tivera dereito a prestacións ou subsidios de desemprego, teñan máis de 45 aos e levaran un ano inscritos como demandante. Pode percibirse durante tres períodos de once meses cun ano de diferenta entre un e outro.

O Partido Popular exclue aos autónomos por non esgotar unha prestación ou subsidio de desemprego, e tamén as persoas con discapacidade, que non tiñan requisito de idade.

Prestación contributivas

 

O Partido Popular:

-Traspasará aos parados a diferenza de cotización por continxencia comúns entre o que perciben como prestación e a súa base reguladora. O desempregado non percibe a contía da base de cotización, senón o 70% ou o 60%, agora o 50%, polo que hai una diferenta do 30% ou do 40%. Para evitar esta discriminación, o Servizo de emprego Estatal cotizaba polo 35% da parte do traballador e o trabsllador o 65%. Agora será o parado que cotice por ese 30% ou 50% que non percibe. Isto supón unaha disminuición do 2,5% ou 4,3% da prestación.

-Reduce a porcentaje da base reguladora que se percibe despois dos primeiros 180 días do 60% ao 50% da base reguladora. Esta disminución supón reducir a contía da prestación nun 16,7% ata durante 18 meses.

Enrique Negueruela no seu estudo tamém desglosa os efectos dos recortes das medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da cometividade.

 

2012

2013

2014

TOTAL

IVE

2.300

10.134

9.670

22.104

Imposto Sociedades

2.585

2.450

2.450

7.485

Impostor Especiais

-55

390

390

725

IRPF

145

1.925

2.035

4.105

Recortes adicionais do gasto

1.000

 

 

1.000

Paga extra persoal público

5.425

1.823

1.872

9.120

Prestacións de desemprego

1.909

5.806

6.049

13.764

Lei Dependencia

160

1.391

1.473

3.024

Cotización empresas

70

-1.154

-3.894

-4.978

TOTAL

13.539

22.765

20.045

56.349

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías