Posteado por: MSR Galicia | 09/07/2012

Dous detidos en Vigo por esclavizar sexualmente a unha empregada do fogar menor de idade

MSR-Galicia/Dous cidadáns romaneses, un home e unha muller, foron detidos por un delito de trata de seres humanos con fins de explotación sexual na cidade de Vigo.

As investigacións comezaron tras ter coñecemento dos contactos entre a detida e unha menor, a cal pretendía escaparse da súa casa en Rumania para desempeñar labores de limpeza nun local da cidade.

Para iso contaron co apoio de dous empregados dunha empresa de transporte por estrada que realiza a ruta Rumania-Portugal, e que fai escala en Vigo, os cales facilitaron o asesoramento e a documentación necesaria para o traslado; así como dunha terceira persoa, de orixe albanesa, que acompañou á menor ata a súa chegada á cidade.

Nun momento dado da investigación tense coñecemento de que hai unha menor en situación de desamparo, á que querían obrigar a exercer a prostitución. Como a vítima negouse a exercer a prostitución, foi confinada no domicilio da detida, sufrindo coaccións e malos tratos para obrigala a exercer a prostitución na vía pública.

Tamén tívose coñecemento de que se estaba negociando a venda da menor a cidadáns albaneses e forzala a exercer a prostitución noutra cidade; polo que se procedeu á detención dun home, de 42 anos de idade, na avenida de Madrid e ao mesmo tempo da muller, de 36 anos de idade, nos soportais da Avenida de Beiramar, lugar onde habitualmente exercía a prostitución, e así liberar á menor que permanecía confinada nunha vivenda desta cidade.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías