Posteado por: MSR Galicia | 16/06/2012

Case 700 nenos sen praza

MSR-Galicia/Centos de nenos coruñeses de idades comprendidas entre 1 e 3 anos, terán que quedar sen praza e, polo tanto, sen escolarizar ou ben buscar opcións privadas xa que, dun total de 1000 nenos só poderán optar a ter unha praza 323 deste milleiro.

É dicir, levan meses, tanto dende a Xunta como dende o Concello, presumindo do aumento e da calidad da rede municipal de escolas pero a verdade é que non houbo previsión de ningún tipo, nin tan sequera cando se viu  que  se multiplicaban as colicitudes trala apertura de moitas destas escolas. Por iso surxen duas preguntas: ¿débese a una falta de previsión ou o que se pretende é que prevaleza a opción privada?

Tal e como están as cousas ninguna das duas sería rara, sobre todo se temos  en conta que mentres se falaba de ampliación e creación de prazas e centros, pechábanse, por outra, coma nos casos de Agra e Penalonga pois, segundo o alcalde, “non había demanda de prazas”. ¿Cómo pode xustificar isto se en todolos demais centros houbo una gran demanda?:

  • Arela: 242 solicitudes para 62 vacantes
  • Monte Alto: 108 para 20
  • Carricanta: 199 para 60 vacantes
  • Os Rosales: 144 para 60 prazas libres
  • Luis Seoane: 131 para 40
  • Caracola: 102 para 41
  • Os Cativos. 72 para 40

É certo que ata os tres anos non é obligatoria a escolarización pero tamén o é que esta ´´e a única saída para moitos país e nais que nin dispoñen de cartos nin de tempo ou familia, amigos, etc, que lles poidan axudar. E se isto segue así ¿qué ocorrerá cando teñan que ser escolarizados? ¿terán eses centos de familias que pagar polo que debería ser un dereito garantido polo Estado?

Por non falar de que pechar centros sen ter en conta a realidade dí moi pouco do alcalde: ou ben algo estase a facer mal co tema das solicitudes e os prazos para as inscripcións, ou no fondo estamos a ver un caso máis de recortes. Iso sí, as taxas ascenderon nuns 66 euros por neno.

Por iso, dende o MSR-Galicia esiximos:

  • Prioridade sempre para as familias con menos recursos
  • Reducción das taxas (hai moitosprivilexios que reducir antes de subir taxas)
  • Apertura de novos centros e dos xa clausurados, co cal fomentarase o emprego e dinamizará a economía.

¡OS RECORTES PARA A BANCA!

¡OS RESCATES PARA O POBO!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías