Posteado por: MSR Galicia | 07/04/2012

Cinco familias galegas son desafiuzadas ao día

MSR-Galicia/Entre xaneiro do 2010 e decembro do 2011 produciuse unha media de 5 desafiuzamentos ao día.

A estatística confirma que o número de desaloxos vai continuar nos mesmos niveis durante este ano e o vindeiro, xa que as execucións hipotecarias -o inicio dos procedementos que poden derivar en desafiuzamento cun cadencia de entre ano e medio e dous anos- seguiron crecendo no 2011 e xa alcanzan os 5.998 procesos nos tres últimos anos.

É normal que agora se disparen os desaloxos respecto das execucións, que se están alargando ata dous anos nos xulgados. O desafiuzamento chega ao final, despois da poxa do piso; por iso, agora vemos unha forte crecida dos lanzamentos, porque son a consecuencia das execucións iniciadas entre o 2008 e o 2010.

Na Coruña producíronse 783 desaloxos, doce menos que no 2010, co que a suma dos catro últimos anos supera os 2.500 desafiuzamentos; Pontevedra rexistrou no 2011 un total de 682 lanzamentos, e van máis de 2.200 desde o 2007; en Ourense foron 227 e en Lugo, onde máis aumentaron -un 16,3 %-, 193.

DEMANDAMOS:

1.- A dación en pago da hipoteca.

2.- Unha moratoria inmediata dos desahucios.

3.- A devolución das casas embargadas aos seus lexítimos propietarios.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías