Posteado por: MSR Galicia | 06/04/2012

O foco do gran lume das Fragas do Eume considerouse inactivo durante tres horas

MSR-Galicia/O gran lume que arrasou centenares de hectáreas de bosque nas fragas do Eume iniciouse nun só foco e nun lugar que foi revisado por un técnico da Consellería de Medio Rural tres horas antes do inicio do gran lume.

Na citada revisión, o lume considerouse inactivo, como recoñece a Consellería de Medio Rural nun informe interno sobre o ocorrido na zona durante a mañá do sábado. Mais a Garda Civil considera que ese é o único punto de orixe do incendio forestal.

A chamada duns cicloturistas ao servizo de urxencias 112 comunicou ás 11.48 horas que había fume na zona do monte Fontardión. Aínda que o aviso falaba dun pequeno fume, Medio Rural quixo comprobalo e enviou persoal ao lugar para examinalo e valorar a necesidade de realizar unha intervención preventiva na zona, tendo en conta os últimos lumes rexistrados nas proximidades.

O equipo desprazado ao lugar púxose en contacto co Centro de Coordinación do Distrito de Ferrol e comunicou que o fume descuberto polos cicloturistas correspondía a un incendio anterior no que se queimou menos dunha hectárea e que agora non presentaba risco.

Segundo despréndese do informe de Medio Rural, xa non se volveu a recibir ningún aviso de lume en todo o distrito ata as 15.16 horas, cando comeza oficialmente o gran lume nas Fragas do Eume.

Os investigadores terán que descubrir que pasou nesas tres horas, é dicir, se houbo un erro na valoración inicial ou se se deron circunstancias externas que modificaron o estado daquel lume sen risco.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías