Posteado por: MSR Galicia | 03/04/2012

Galicia indignada chora polas Fragas do Eume

Nas últimas horas, unha das xoias naturais de Galicia  está a ser debastada polo lume, concretamente cerca dun terzo das 9.100 hectáreas que conforman esta reserva natural. Non sendo un caso illado. Pois atopámonos cos casos de Mondaríz, Verín, Pontevedra, os dous de Silleda, Vilar de Astrés, A Carballa, Catrelo do Val, entre outros.

Se algo caracterizaron aos gobernos de Fraga, do PSdeG-BNG e do PP de Feijoo foi o desmantelamento dos montes galegos.

Todos eles foron provocados e nun deles perdeu a vida un brigadista, como xa denunciamos. Os medios son insuficientes, os propios brigadistas e moitos veciños se queixan da escasez de medios, xa sexa por medo a perder o seu fogar ou pola vida dos propios brigadistas, que en moitos casos non son profesionais, simplemente voluntarios.

Os recortes, o desmantelamento das políticas de prevención e ordenación sostenible dos montes, a inexistencia de iniciativas que garantan a conservación do no patrimonio natural  e ausencia de interés son responsables da situación. ¿Cómo explicar, entón, a inestencia de postos de vixilincia no parque natural das Fragas do Eume?

O goberno de Feijoo recortou 20 millóns de euros os orzamentos para a prevención e 2 millóns para a extinción; reduciu as faixas de protección e precarizou os operativos de loita contra o lume.

A intencionalidade do lume, fálase de tres focos, non exclue de responssabilidade aos políticos galegos.

A explotación do mineral Andalucita pode estar detrás do lume, pois intentarase explotar en detrimento do parque natural.

DENUNCIAMOS que:

-Os medios para a defensa dos nosos montes son insuficientes e é necesario invertir neste ámbito.

-A Xunta non tomou as medidas oportunas aínda que dende xaneiro os medios foran escasos.

-O PpdeG, PSdeG e BNG perseguen obter rendabilidade política das catástorfes naturais

Seguimos sen entender o emprego de todos os cartos dos recortes que fixo o PPdeG e preguntámonos se terá que morrer alguén máis para que se tomen medidas que arranxen o problema.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías