Posteado por: MSR Galicia | 14/03/2012

A crise do naval pon en perigo outros 2.000 postos de traballo en Ferrolterra

MSR-Galicia/En Navantia, o silencio das Administracións sobre o seu futuro cheira a chamusquina. Un ano despois de que os traballadores se botasen á rúa para advertir da crise do sector se non se lograban novos encargos, nengunha solución á caída libre na que se atopa o sector naval.

Desde o pasado verán, nas firmas auxiliares destruíronse uns mil postos de traballo, e cando chegue xullo, mes no que se entregarán dous dos tres barcos en construción -dúas megabuques para a Marina de Australia e a fragata F-105 para a española-, a ameaza pende sobre outros 2.000 empregos.

Xa non hai semana que en Ferrolterra varias decenas de operarios das subcontratas non son despedidos.

Nervión chegou a ter case 400 operarios. Nas últimas dúas semanas despediu a 120.

DEMANDAMOS a construción dun dique flotante e un buque para a Marina española, tal e como prometeu a SEPI na última reconversión.

DENUNCIAMOS que o Goberno segue sen despexar o futuro da compañía e nen nomeou ao novo equipo xestor nen ratificou ao actual.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías