Posteado por: MSR Galicia | 27/12/2011

Lugo e Ourense van perder o 7% da sua población

MSR-Galicia/As proxeccións de poboación a curto prazo (2011-2021) dadas a coñecer polo Instituto Galego de Estatística mostran como o desequilibrado mapa demográfico galego continuará escorando cara ás cidades e áreas metropolitanas do eixo atlántico.

Nos vindeiros dez anos as provincias de Lugo e Ourense van perder máis dun 7,5 e un 7% da súa población, respectivamente; mentres que A Coruña e Pontevedra experimentarán unha baixada do 2,4 e do 1,4%, respectivamente.

Galicia vai perder nese período 88.887 habitantes. Unha cifra que equivale aos habitantes da cidade de Lugo.

Lugo e Ourense, de seguir o ritmo previsto na proxección do Instituto Galego de Estadística, poderían quedar baleiras nuns 140 anos. Declive agravado polo envellecemento poboacional causado pola feble taxa de natalidade actual galega -1,1 descendentes por muller-.

En áreas como a parte oriental de Lugo -comarcas da Fonsagrada, Os Ancares e Sarria- o número de maiores de 65 anos podería cuadriplicar a cifra dos menores de vinte. De feito, nos vindeiros dez anos vai perder máis dun 15 %. E o número de persoas en idade de xubilación será catro veces maior ao dos menores de vinte.

No sur de Ourense sur tamén haberá 3,5 veces máis persoas maiores de 65 anos que os que non chegan á vintena. Serán en torno a 27.278 xubilados, mentres que os mozos de menos de vinte anos 7.633. No centro de Ourense rexistraranse máis do dobre de mayores de 65 anos, 13.961, que de menores de vinte, uns 5.472.

No Carballiño, o segundo centro de poboación que máis habitantes perdería -13,3 %-, os maiores de 65 anos serán 14.236, mentres que os que non chegan aos vinte quedarán en 8.184.

Ao lado da desertización do interior de Lugo e Ourense, as áreas metropolitanas das grandes urbes van concentrar a maior parte da poboación, sobre todo A Coruña e Vigo. Pois continuarán tendo máis poboación que en toda a provincia de Lugo ou Ourense.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías