Posteado por: MSR Galicia | 11/12/2011

O desemprego acada en Galicia os 253.416 parados

MSR-Galicia/No mes de novembro o desemprego medrou en 11.274 persoas, un 4,66%, acadando a cifra histórica de 253.416 desempregados: 132.776 mulleres e 120.640 homes. Ascendendo os mozos menores de 25 anos en paro a 21.768 persoas.

¡¡En Galicia cada día o desemprego aumentou en 375 persoas!! Ademáis de destruirse postos de traballo, como reflicte que a Seguridade Social perdese 7.042 afiliados.

O paro aumentou no mes de novembro en 5.785 persoas nos servicios, en 2.347 na construcción, en 1.692 no sector industrial, en 533 na agricultura e en 917 no colectivo sen emprego anterior.

Por provincias, en Lugo o número de desempregados aumentou en 1.637 persoas, un 7%, acadando os 25.021 parados; en Ourense en 1.832 persoas, un 6,98% máis, acadando os  28.069 desempregados; A Coruña conta con 3.873 novos parados, un 4,06% máis, elevando o total de dsempregados ata as 99.344 persoas;  e Pontevedra conta con 3.932 novos parados, un 4,05% máis,  acadando os 100.982.

¡¡Sendo o 92,7% dos contratos rexistrados no mes de novembro eventuais!!

Cifras que amosan o fracaso das políticas de creación de emprego baseadas en continuas reformas laborais i en políticas de austeridade, que ademáis destrúen o pouco emplrego que queda.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías