Posteado por: MSR Galicia | 06/12/2011

Salvemos a costa galega

MSR-Galicia/Nas últimas dúas décadas, a costa galega asiste a un dobre fenómeno de destrucción:

1.- A construcción masiva e indiscriminada de vivendas, portos -esportivos e comerciais- en áreas protexidas ou a pocos metros da auga.

Presuntamente hai leis e organismos reguladores, e era suposto que coa chegada do goberno PSOE-BNG a situación mudaria, pois estando na oposición denunciaban estas acciones: facendo enmendas ou proxectos de lei para impedilo. Mais, segundo informan Greenpeace España e organizacións veciñais -como o Foro Social pola Defensa do Pobo-, a situación non mudou. Todo o contrario, agravouse espallándose por todo o litoral galego, dende a mariña lucense ata Baiona, pasando pola Costa da Morte e rías galegas.

Todos os partidos,  sexan dunha cor ou outra, levan anos sendo cúmplices, dende o poder ou oposición, favorecendo a empresas de construcción. Florentino Pérez ou Valeri Karpin foron un dos grandes beneficiarios.

Moitos dos proxectos denunciados e paralizados no seu momento levan anos rematados. É o caso da illa de Arousa, o porto exterior da Coruña, o de Punta Lagoa, a costa do Morrazo, Portonovo, Vilagarcía, Boiro, Ribeira , e Noia, entre outros.

Galicia sofre o mesmo fenómeno urbanizador destructivo que no Levante español na década dos 70. Que nin as queixas nin as multas impostas dende Madrid ou Bruselas paralizaron. Pois ou ben son ridiculas ou ben non chegan aos culpables. Ainda que en ocasións acabe na cadea algún pequeno promotor, na búsqueda dunha imaxe tranquilizante.

A lei de costas paralizou, eventualmente, a compra e construcción. Mais non foi máis que unha estrategia, pois non foron demolidas construccións -construidas ou en proceso-, senon que só serviu para afondar o prezo da terra e logo mercar a baixo custo.

Mais unha vez derogada continou a especulación e a construcción salvaxe. Sendo en moitos casos legalizadas no PXOM aprobados nos propios concellos e coa autorización da Xunta, como aconteceu en Vigo, O Morrazo, Sada, A Coruña, etc.

2.- A contaminación das costas, que, segundo conta Greenpeace, en 2006 superou o 40% do volume de auga vertida no mar. Por non apuntar que nas grandes poboacións galegas máis do 40% da auga que se lanza ao mar non pasa ningún tipo de control ou de depuración. Este é o caso de ENCE, na ría de Pontevedra, ou os escandalosos niveis de chumbo nas augas da ría de Vigo.

É verdade a construcción e finalización de depuradoras, mais trátase de satisfacer ás denuncias da UE, non chegando para deter os despoxos lanzados ao mar.

É necesaria unha resposta. Que non entenda de cores nin siglas, pois a natureza só entende de acción, e agora asistimos á última oportunidade de deter esta catástrofe ecolóxica. Non hai volta atrás, todo o que perdamos será para sempre.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías