Posteado por: MSR Galicia | 12/10/2011

Setembro finaliza con 232.918 desempregados

MSR-Galicia/O mes de setembro finaliza con 8.336 novos desempregados, un 3,71% máis con respecto ao mes de agosto. Acadando o desemprego en Galicia as 232.918 persoas, sendo 124.505 mulleres e 108.413 homes. Sendo os mozos menores de 25 anos en paro 19.262, un 2,04% máis.

Dos 8.336 novos parados, 4.908 son mulleres e 3.428 homes.

Durante os últimos doce meses, o paro aumentou en Galicia en 16.823 persoas, un 7,79%, superando a media estatal en 2,58 puntos.

A mayor parte dos novos parados, 3.752, rexistráronse na provincia de Pontevedra, un 4,2% máis que en agosto; en A Coruña, 2.564, un 2,85% máis; en Lugo, 1.361, un 6,49% máis; i en Ourense, 659, un 2,7% máis.

Por sectores, o dos servizos rexistrou un o maior crecemento do desemprego, con 5.281 novos parados, na industria contabilizaronse 1.450 novos desempleados, na construcción 1.108, na agricultura 322 e no colectivo sen emprego anterior 175.

En setembro asináronse 65.334 contratos, dos cales o 92,32% son temporales, mostrando a aposta da patronal e da clase política e sindical pola temporalidade e precariedade laboral..

Por outro lado, a afiliación á seguridade social caeu en 10.982 persoas, un 1,10%.

Os beneficiarios de prestacións por desemprego xa acadan os 137.802, cunha taxa de cobertura do 69,6%, afastada do 75,5% que se rexistraba hai un ano e do 71,10% do resto de España. O que evidencia que un mayor número de familias galegas corren o risco de exclusión social.

Das prestacións por desemprego tan só o 53,38% son de carácter contributivo, mentres que o 39,23% son subsidios e  54.069 subsidios e o 7,39% rendas de inserción activa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías