Posteado por: MSR Galicia | 29/08/2011

A exclusión social e a pobreza castigan a 70.000 vigueses

MSR-Galicia/Case o 25% dos vigueses dependen da axuda social para sobrevivir. Estudando os datos de 2009 atopamos un aumento do 24%, de máis de cinco mil persoas, en comparación coas 20.965 que en 2008 dependían de asistencia social.

Un 24,5% das familias viguesas teñen ingresos só procedentes das prestacións, mentres que para o 27,8% representan o 75% da renda familiar, e para o 34,7% a metade dos seus ingresos totais. É decir, para 87 de 100 familias a axuda social representa a metade ou máis da renda familiar.

O aumento das familias dependentes da axuda social é influenciado polo aumento do número de parados, que pasou dos 19.969 existentes en setembro de 2008 aos 29.156 rexistrados en decembro de 2010; sendo os traballadores do comercio os grandes perdedores.

Lembrar que durante 2010, 332 empresas do área metropolitana de Vigo, con 41.884 desempregados oficiais, presentaron un ERE, que enviou temporalmente ao desemprego a 4.000 traballadores.

A Enquisa de Condicións de Vida das familias do Instituto Galego de Estatística informa que un de cada dez vigueses atopase en risco de pobreza.

Tamén, durante 2009, o 59% das familias pasaron dificultades para facer fronte aos seus gastos.

¿Esta é a sociedade que desexas?

¡¡Cambiemosla!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías