Posteado por: MSR Galicia | 13/02/2011

200 traballadores do grupo Cuíña esixen o cobro das débedas salariais

Preto de 200 traballadores do grupo Cuíña manifestaronse o pasado xoves 10 de febreiro dende a sede da empresa nas Pontes de García Rodríguez ata a Praza Roxa da localidade para esixir o cobro das débedas salariais.

A compañía, integrada por cinco empresas e ligada ao transporte de materiais para a construcción, está en concurso de acredores e ten contraído débedas cos seus traballadores que superan os dous millóns de euros.

O grupo solicitou o concurso voluntario de acredores o pasado mes de novembro, cando debía as mensualidades de xuño, xullo, agosto setembro e catro pagas extraordinarias acumuladas dende o ano 2007.

A día de hoxe, a empresa tamén adebeda a mensualidade de xaneiro, e as débedas superan a cobertura do FOGASA.

No caso dos 88 traballadores despedidos dende a entrada en concurso, a situación agrávase porque aínda non se lle pagou o salario de decembro.

O resto dos traballadores de Cuíña, preto de 160, están nun ERE temporal que contou co beneplácito dun comité de empresa constituido por representantes da CIG, CCOO e UXT, do que o presidente é da CIG e o secreatario de CCOO. Regulación de emprego que levará aos traballadores a un máximo de catro meses ao paro, tempo no que percibirán un 85% do salario. E que reflicte que tanto a CIG, como CCOO e UXT viran as costas para os intereses dos traballadores.

Seceretaría de Comunicación da delegación galega do MSR

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías