Posteado por: MSR Galicia | 03/08/2010

O goberno oculta 27.774 desempregados

Segundo os servizos públicos de emprego, o número de desempregados ascenden ata os 209.789 traballadores, cando a realidada é que Galicia conta con 237.563 desempregados; dos que 27.774 son ocultados. Mas ¿con qué perversa finalidade?

Dos 27.774 desempregados ocultados: 6.292 corresponden a desempregados que están cursando cursos de formación e 21.482 son desempregados con dispoñibilidade limitida ou demanda específica.

Salientar tamén, que a información referente ao desemprego no mes de xullo recolle os esfectos estacionais do verán. Polo que se queremos illa-la evolución do desemprego das consecuencias positivas do verán, temos que analizalo durante os últimos doce meses. Período no que aumentou en 16.930 traballadores -un 8,78%-.

Mentres que entre os homes o desemprego reduciuse nun 4,98%, ata ubicarse nos 95.953 desempregado;  entre as mulleres descendeu un 4,21%, de forma que hoxe son 113.836 as mulleres desempregadas..

Por ramas de actividade: no sector servicios, os desempregados reducironse en 6.167 persoas,  situándose o desemprego nos 113.480 traballadores; na industria, o descenso foi de 1.485 personas, ubicándose nos 32.208 desempregados; na construcción foi de 1.353 desempregados, ata as 32.886 personas; na agricultura de 802, ata as 5.396; e no colectivo sen emprego anterior a reducción foi de 229 personas, ata os 25.819 desempregados.

Por provincias: en Ourense, a reducción foi de 1.522 persoas -6,12% menos-, ata acada-los 23.333 desempregados; en Lugo, o descenso foi de 1.064 traballadores desempregados -un 5,25% menos-, ata os 19.191; na provincia de Pontevedra, a reducción foi do 4,8%, 4.181 desempregados menos, situándose nos 82.923 desempleados; mentres que  en A Coruña, a baixada foi do 3,73%, de 3.269 desempregados, ata as 84.342 persoas.

Secretaría de Comunicación da delegación galega do MSR

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías