Posteado por: MSR Galicia | 05/05/2010

OS 32 TRABALLADORES DO CONCESIONARIO DE OPEL EN LUGO ACORDAN PRESENTAR UNHA DEMANDA POR FALTA DE OCUPACIÓN EFECTIVA

Os 32 traballadores do concesionario de Opel en Lugo acordan presentar unha demanda de extinción de contratos por falta de ocupación e impago dos salarios.

Os traballadores despois de estuda-la mellor saída á situación laboral, dado que a empresa ten presentado un preconcurso no Xulgado Mercantil, decidiron solicita-la extinción dos contratos antes de que se formalice o concurso, como estratexia para tratar de que os 32 traballadores poidan cobrar máis dos 20 días de indemnización que lles correspondería se a empresa entra en concurso de acredores.

A empresa insiste que está a buscar compradores. Sen embargo as expectativas non son boas. De feito, nas instalacións do concesionario de Opel carecen de repostos e de todo o necesario para a tramitación e matriculación de vehículos.

Nesta situación se dan tódolos requisitos para presentar unha demanda por falta de ocupación efectiva, que se engade aos impagos no abono dos salarios, que se arrastran dende hai meses.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías