Posteado por: MSR Galicia | 17/04/2010

TRABALLADORES DENUNCIAN QUE TRÉVES RECORRE A CONTRATOS POR ETTs PARA EVITAR RECOLOCAR AOS DESPIDOS

A transnacional Tréves incumple o acordo de recolocación asinado cos traballadores vencellado á regulación de emprego que deixou na rúa a 166 traballadores.

O acordo asinado entre transnacional e traballadores estipulaba que Tréves recorrería aos traballadores despedidos na súa factoría de Salcedo se precisaba facer novas contratacións na de O Campiño. A transnacional que apenas contratou a seis ou sete dos 166 despedidos, o fixo saltándose os principios de igualdade de oportunidades pactados no ERE, contratando aos traballadores a dedo por medio dunha Empresa de Traballo Temporal.

Mais non é denunciable só o comportamento da empresa, senon que a propia Xunta tamén ten a súa cota de responsabilidade, xa que asinara unha cláusula na que asumía o compromiso de que os afectados polo ERE de Tréves terían prioridade nas contratacións de empresas do sector do automóbil que se beneficien dalgunha axuda autonómica para a creación de emprego.

Consideramos inaceptable o argumento que non estexan cualificados, polo feito de que a mesma Xunta ten cursos formativos para reconduci-las capacidades laborais dos traballadores, cursos aos que non os chamaron. Ao que temos que engadi-lo feito de que traballadores contratados por ETTs están a realizar as mesmas funcións que facían antes: as de control de calidade de fundas de asento. Coa particularidade de que as que revisan agora non están feitas en Pontevedra, senón que ten a etiqueta “made in Tánger”.

Ante os continuos incumprimentos dos compromisos asinados por parte da empresa, sindicatos e políticos galegos, a delegación galega do Movimiento Social Republicano considera de XUSTIZA a anulación de tódolos acordos asinados e a reincorporación inmediata dos traballadores despedidos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías