Posteado por: MSR Galicia | 07/04/2010

GALICIA CASTIGADA CON 2.278 NOVOS DESEMPREGADOS

O mes de marzo creou en Galicia 2.278 novos desempregados, o que representa un crecemento do 0,97%, acadando a cifra de 236.449 desempregados.

Nos últimos doce meses, o desemprego aumentou en 24.965 traballadores, experimentando un crecemento do 11,80%

Por sectores, o colectivo dos traballadores sen un traballo anterior foi o máis afectado con 1.030 novos desempregados, o sector industrial con 500, o sector dos servizos con 441 e o sector da construción, con 428. Sendo o sector primario o único no que descendeu o desemprego, reducíndose en 121 traballadores.

Ademais do número de desempregados, é preocupante a importancia crecente da baixa empregabilidade dos desempregados no conxunto do total, concretamente o 44,4% terán dificultades para atopar traballo. Sendo as mulleres e as persoas de máis avanzada idade, aquelas que con máis dificultades atoparán traballo. De feito, 51% das persoas de máis de 50 anos terán poucas posibilidades de volver a traballar.

Por xénero, as mulleres son un mes máis as máis afectadas, representando case o 54% do conxunto dos desempregados. Non obstante, durante o mes de marzo foron os homes quenes máis sufriron a destrucción de postos de traballo.

En canto á idade, os mozos continuan a se-los máis afectados pola destrucción de emprego, de feito, entre aqueles con menos de 25 anos o desemprego subiu 1,05%.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías