Posteado por: MSR Galicia | 07/02/2010

Os demandantes da renda de integración social creceron nun 24% no pasado ano

O esgotamento do subsidio do desemprego por parte de moitos traballadores, aumentou nun 24,5% os demandantes da renda de integración social en Galicia, segundo datos da Consellería de Traballo e Benestar.

Entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do pasado ano, 6.497 traballadores en Galicia beneficiaronse desta prestación dirixida ás capas da población máis castigadas e desfavorecidas. Dos que 1.822 solicitaronna nos últimos catro meses do ano.

Mais co novo ano a situación lonxe de mellorar, deteriorase a gran velocidade, como reflicte o feito de que a Xunta de Galicia teñan 2.000 novas solicitudes.

Dende a delegación galega do Movimiento Social Republicano, queremos denunciar:

-A insuficiente e ridicula cuantía de 378 euros. Sobre todo se temos en conta que a gran farsa que representada polos políticos, reciben miles de euros tódolos meses, e sustentada polos bancos, que o pasado ano recibiron 160.000 millóns de euros para rematar o ano con miles de millóns de beneficios. Mentres se enchen a boca falando de solidaridade, mais ¿coñecen o seu significado?

-A limitación da idade dos beneficiarios e a súa incompatibilidade con outras prestacións ou axudas públicas, invalida este instrumento como parche para loitar contra a pobreza. Xa que ao esixir que estexan comprendidos entre os 25 e 65 anos ou esixirlles non ser beneficiarios doutras modalidades de prestacións ou axudas públicas, pode marxinar a unha parte dos galegos que estexan pasando as máis graves penurias para subsistir. Polo tanto, temos tan so podemos considerala como unha fuxida cara adiante e un intento de engano cara o povo galego. Polo feito de dar as costas aos galegos con máis dificultades, por non ter en conta as súas diferentes situacións persoais.

Os políticos galegos deben ser conscientes que os galegos non queremos vivir da mencidade, que queremos ter unha vida digna fruto do noso esforzo e traballo diario, sen que se deixe de lado aos galegos con máis dificultades. Creando así unha GALICIA máis XUSTA e SOLIDARIA, onde o egoismo e individualismo non teña lugar.

¡¡OS POLÍTICOS A NOSA RUINA!!

¡¡ORGANÍZATE CONTRA ELES!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías