Posteado por: MSR Galicia | 02/12/2009

Galicia conta con 7.905 desempregados máis

O mes de novembro trouxo a Galicia 7.905 novos desempregados, representado un crecemento do 3,78%, elevando a cifra de desempregados a 216.828 persoas, de acordo cos datos do Ministerio de Traballo en Inmigración.

No mes de novembro, Galicia foi a terceira comunidade que destruiu empregro a taxas máis elevadas. En términos interanuais Galicia viu como o desemprego subía a unha velocidade do 19,91%.

Dos 216.828 desempregados, 97.861 son homes e 118.967 mulleres. Por outro lado, 23.663 dos desempregados non superan os 25 anos, dos cales 13.011 son homes e 10.652 mulleres.

Por sectores, no sector servicios medraron os desempregados en 3.907 persoas ata acada-la cifra de 120.913 desempregados, seguido do sector da contrucción con 1.521 novos desempregados que incrementan o número de desempregados ata 33.250 persoas, no sector industrial o número de persoas sen traballo medrou en 974 persoas ata acada-los 32.992 desempregados e na agricultura o desemprego creceu en 259 persoas levando o número de desempregados ás 5.846 persoas. Por outro lado, dentro do colectivo das persoas sen emprego anterior o número de desempregados medraron en 1.244 persoas chegando aos 23.827 desempregados.

Por provincias, A Coruña conta a 30 de novembro con 86.992 desempregados, Pontevedra con 84.508, Ourense 24.558 e Lugo 20.770.

Un dato a salientar é que o 39% dos desempregados non reciben prestación algunha, nen subsidios nen rendas de inserción, e mentres, gracias ao PP, PSOE e BNG, 2.000 altos cargos elexidos a dedo nos últimos 26 anos cobran ao ano un plus de 14.721 ¿non son todos iguais?

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías