Posteado por: MSR Galicia | 14/01/2012

O 71% das familias galegas chegan a fin de mes con dificultades

MSR-Galicia/A enquisa feita pública polo Instituto Galego de Estadística reflicte que  70,86% das familias galegas chegan a final de mes con dificultade , un 60,34% con dicifuletades e un 10,52% con moita dificultade. O que supón un incremento do 18,12% con respecto ao último trimestre do ano 2010. E que constitúen os primeiros pasos de moitas familias de galegos para acabar na exclusión social.

Hai 23.900 fograres en Galicia nos que non entra ningún tipo de ingreso e tan só un 29,14% das familias galegas afirman ter recursos suficientes para chegar a fin de mes con facilidade ou con moita facilidade. ¡¡Ante a pasividade da clase política!! ¡¡Indignante!!

A porcentaxe máis elevada de familias que din chegar a fin de mes con dificultade ou con moita dificultade residen en municipios de menos de 10.000 habitantes.

Un 32% das familias víronse obrigadas a cambiar os seus hábitos de compra -adquirindo marcas brancas ou produtos en oferta-, un 29 % tiveron que reducir gastos comúns -en roupa, calzado ou transporte-, un 5,45% víronse obrigados a recibir axuda económica de familiares ou ata de amigos, e case un 3% tiveron que tomar medidas financeiras para poder chegar a fin de mes, ben sexa renegociar as condicións dos seus créditos ou hipotecas, solicitando préstamos para gastos correntes ou aprazando pagamentos.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Categorías

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.