A Xunta de Galicia acaba de adjudica-lo servizo 112 Telemark S.L., empresa que ten a súa sede en León, unha delegación en Tarragonas, mais que a maior parte dos seus traballadores, 2.800, están en Latinoamérica: conretamente en Pereira (Colombia), Lima e Trujillo (Perú).
Telemark S.L. adxudicouse un contrato de 5,1 millóns de euros despois de apresentar unha oferta de 999,97 de euros por baixo do teito fixado pola Xunta. A Consellería de Presidencia xustifica a elección porque apresentou a mellor proposta económica.
O contrato ten dous anos de duración, empezando a súa vixencia o un de setembro e finalizando o 31 de agosto de 2012.










